Visita guiada ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Data
Martes, 5 de marzo de 2024
Horario
10.00h
Lugar
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O martes, 5 de marzo, ás 10.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada gratuíta ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). 

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o domingo, 25 de febreiro.

Nesta visita, que complementa a conferencia impartida no mes de decembro polo seu Director Lois Orosa, explicarase que é o CESGA, en que consiste o labor que desenvolve e as características xerais dos recursos e as áreas coas que traballa, podendo visitar os supercomputadores Finis Terrae e SVG (Supercomputador Virtual Galego), así como as infraestruturas de computación grid e cloud e a rede de almacenamento do centro.

Próximos eventos Ver axenda