ACTUALIZACIÓN: DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS, ESTA VISITA FOI APRAZADA. NOS PRÓXIMOS DÍAS COMUNICARASE A NOVA DATA DE REALIZACIÓN

 

 

O venres, 23 de febreiro, o Ateneo Viaxeiro organiza unha saída para visitar dous xardíns singulares do Salnés, co seguinte programa:

9.30h. Saída en autobús da Rúa da Rosa.

11.00h. Visita ao Pazo da Saleta, no Concello de Meis.
Pazo de labranza galego do século XVIII, ao redor do cal se proxecta un xardín de estilo inglés deseñado pola arquitecta paisaxista Brenda Colvin en 1970. Posúe unha das coleccións botánicas máis variadas de Galicia nun espazo de dúas hectáreas. A visita terá unha duración de dúas horas.

Xantar no Restaurante A dos Piñeiros en Cambados.

17.00h. Percorrido polo Pazo de Quinteiro da Cruz, en Ribadumia.
Pazo do século XVIII exemplo de arquitectura señorial galega con moitos elementos románticos: fontes de pedra, pérgolas, estatuas, reloxos de sol…. O xardín, deseñado a finais do XIX polo xardineiro francés Dorgambide, posúe unha magnífica colección de camelias e centos de especies tropicais e exóticas. É de destacar a plantación ecolóxica e orgánica de Camelia Sinensis, cuxas follas e gromos se utilizan para facer té.

Ao rematar esta visita, regreso á Rúa da Rosa de Santiago.

O prezo da viaxe é de 55€ por persoa, incluíndo autobús, xantar e visitas con guías, e os cales se aboarán directamente ese mesmo día. As persoas que non sexan socias do Ateneo deberán pagar un suplemento de 20€. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o venres, 9 de febreiro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as ateneístas.

NOTA: recoméndase levar calzado cómodo e paraugas por se chuvisca.

Próximos eventos Ver axenda