Hemeroteca

Roberto Relova abre o Festival de Música Antiga e Barroca do Ateneo

Compartir

 

O Ateneo inaugurou onte a terceira edición do Festival de Música Antiga e Barroca (Ateneo Barroco) coa conferencia O eterno (e invisible) camiño da voz humana a través do mito. De Arión a Pedro Almodóvar, impartida polo doutor en Etnomusicoloxía e catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo Roberto Relova.

No acto, que contou coa presenza da concelleira de Cultura, Mercedes Rosón, e do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, interviñeron tamén o presidente do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla, quen deu inicio ao novo período de actividades da entidade, e do director do festival, José Víctor Carou, quen presentou ao conferenciante. Na disertación Roberto Relova expuxo varias obras de arte sobre diversos mitos clásicos relacionados coa música, a voz humana e as paixóns.

Ver en El Correo Gallego

Eventos relacionados