Hemeroteca

O Ateneo de Santiago analiza a adicción á tecnoloxía en nenos e adolescentes

Este luns, 14 de febreiro, o Ateneo de Santiago convidou aos seus Luns do Ateneo ao Psicólogo e Educador Social Juan Carlos Permuy para falar de «Adiccións non tóxicas: o impacto das novas tecnoloxías en nenos e adolescentes»

Compartir

 

No acto, que terá lugar ás 19.30h no número 19 da Rúa do Vilar de Santiago de Compostela, este especialista expoñerá o uso problemático da internet e as redes sociais que afecta ao día a día dos nenos e adolescentes así como dos seus familiares, impactando no seu benestar, saúde mental, convivencia e satisfacción coa vida.
 

Juan Carlos Permuy Bermúdez é experto en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en técnicas de psicoterapia con adolescentes e as súas familias, tendo traballado como psicoterapeuta e chegando a ser director de diferentes recursos de atención a persoas con trastornos de adiccións e ás súas familias. No ámbito da docencia desenvolveu programas de regulación emocional, educación afectivo sexual e prevención de condutas de adiccións para adolescentes, as súas familias e a comunidade educativa en centros de primaria, secundaria e bacharelato.

Ler en Compostela 24 horas

Eventos relacionados