Debate sobre «En el corazón del bosque» de Jean Hegland

Data
Martes, 3, 10, 17 e 24 de novembro de 2020
Horario
17.45h
Lugar
Skype
Compartir

Os martes, 3, 10, 17 e 24 de novembro, ás 17.45h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra En el corazón del bosque de Jean Hegland.

Nell e Eva, de 17 e 18 anos, viven no fogar familiar, enclavado no bosque, a pesar de que unha catástrofe levou aos seus pais, unha parella que quixo vivir doutro modo, educando ás súas fillas na casa, crendo por encima de todo nunha existencia libremente elixida. Conservan alimentos para sobrevivir, así como as súas paixóns, o ballet e a lectura. Non obstante, fronte ao descoñecido, terán que aprender a vivir de forma diferente e confiar no bosque que as rodea, repleto de riquezas.

Jean Hegland (Washington, 1956), escritora e profesora, criouse na pequena localidade de Pullman, fronteira entre os estados de Washington e Idaho, no seo dunha familia de clase media cunha casa pequena pero chea de libros (a súa nai era bibliotecaria e o seu pai profesor de literatura). Tras licenciarse en Humanidades na Universidade de Washington e desenvolver os traballos máis dispares, obtivo un Máster en Retórica e Creación Literaria na Universidade Eastern Washington. En 1984, trasladouse a vivir a California para traballar no Santa Rosa College, onde segue actualmente impartindo clases de Literatura, Pensamento Crítico e Creación Literaria. En el corazón del bosque, a súa primeira novela, foi un éxito dende o primeiro momento, manténdose durante varias semanas na listaxe de libros máis vendidos confeccionado por The New York Times a partir das librerías independentes do país, e sendo traducido a once linguas e adaptado ao cine en 2015.

Próximos eventos Ver axenda