Proxección da película «A habitación do fillo» de Nanni Moretti

Data
Martes, 7 de maio de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CINECLUB ATENEO 2024

Compartir

O martes, 7 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «A habitación do fillo» (La stanza del figlio). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine italiano do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

A habitación do fillo (La stanza del figlio)
Director: Nanni Moretti
Italia, 2001
Gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, conta a historia dunha familia dunha pequena cidade do norte de Italia, formada polos pais (Giovanni e Paola) e dous fillos adolescentes: Irene, a maior, e Andrea, o pequeno. Giovanni é psicoanalista e na súa consulta, situada ao lado do seu apartamento, os seus pacientes confíanlle as súas neuroses, que contrastan coa calma da súa propia existencia. A súa vida ríxese por unha serie de costumes e aficións como ler, escoitar música, aillarse e facer longas carreiras pola cidade. Un domingo pola mañá, Giovanni ten que saír para atender unha urxencia, así que non pode ir correr co seu fillo como lle propuxera. Entón o rapaz decide ir mergullar cos seus amigos, cun resultado fatal.

Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda