Debate sobre «El viaje de Baldassare» de Amin Maalouf

Data
Martes, 15 de xuño de 2021
Horario
17.45h
Lugar
Salón Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º)
Anexos
PROTOCOLO SANITARIO (de obrigado cumprimento)
Compartir

Os martes, 8, 15 e 22 de xuño, ás 17.45h no Salón Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra El viaje de Baldassare, de Amin Maalouf.

A obra narra a viaxe de Baldassare, un rico comerciante de libros xenovés que reside en Gibelet e que está na procura dun libro sagrado, que contén o nome de Deus. Quen coñece dito nome sagrado ten a resposta para a salvación das almas da fin do mundo, cando chegue a apocalipse, segundo algúns, no ano 1666.

Amin Maalouf é un escritor libanés. Estudou ademais economía, política e socioloxía e traballou para o xornal An Nahar, do que foi correspondente durante máis de 10 anos. Recibiu o premio Maisson de Presse grazas á súa novela Samarcanda e o Goncourt por La roca de Tanios.

Próximos eventos Ver axenda