Presentación do libro «Abril é un país» de Tereixa Constenla

Data
Venres, 26 de abril de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O venres, 26 de abril, ás 19.00h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Abril é un país» de Tereixa Constenla, dentro dos actos en conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis. A autora estará acompañada por Pilar Sampedro, Secretaria do Ateneo de Santiago, e Xosé Ballesteros, Director de Kalandraka.

Abril é un país, combinando a investigación documental e a entrevista a moitos dos protagonistas da Revolución dos Caraveis, rescata momentos épicos ocorridos na mañá do 25 de abril de 1974 que contribuíron a consolidar o golpe en favor das liberdades. Historias descoñecidas como a do capitán Salgueiro Maia, que camiñou cos brazos en alto e unha granada no peto, listo para o sacrificio, cara unha batería de carros de combate que o apuntaban, ou a do soldado que se negou a obedecer a orde de disparar contra el e que permaneceu corenta anos no anonimato. Episodios sobre os que se fundou a democracia portuguesa hai agora cincuenta anos.

Tereixa Constenla Fontenla, correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021, foi xefa da sección de Cultura do mesmo diario e redactora de Babelia. Antes de dedicarse ao xornalismo cultural, traballou como reporteira de temas sociais en Andalucía, tanto en El País como en Ideal. Algúns dos seus artigos recibiron galardóns como o Premio Unicaja de Artículos Periodísticos (2013). En 2021 publicou «Cuaderno de urgencias», un libro autobiográfico escrito tras o falecemento da súa parella, o tamén xornalista Álex Bolaños. «Abril é un país» é a súa segunda obra.

Próximos eventos Ver axenda