Presentación do libro «A luz co tempo dentro» de Xesús Rábade Paredes

Data
Xoves, 9 de xuño de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O xoves, 9 de xuño, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «A luz co tempo dentro» de Xesús Rábade Paredes. No acto participarán:
   - Xesús Rábade Paredes, autor da obra
   - Margarita Ledo Andión, cineasta, docente e conselleira da Editorial Galaxia
   - Francisco Candela, Vicepresidente do Ateneo de Santiago

A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan: a pulsión e revelación da existencia, por un lado, ou a poderosa sede de plasmarse e autorrealizarse nos planos da ficción, polo outro. Sempre máis próximo da terra que se pisa que da entelequia de ceos arelados, o autor é consciente de que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguén controla, de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e a atan á ruína. O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e non casualmente aduce referencias de temas e de autores.

Xesús Rábade Paredes, nacido na Terra Chá luguesa, estudou a carreira de Letras na Universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, poeta, narrador e estudoso da literatura, publicou numerosos libros e obtivo varios galardóns como o Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro; o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música; ou o Premio Blanco Amor de Novela Longa en 2006 pola obra Mentres a herba medra.

Próximos eventos Ver axenda