Conferencia «A protonterapia como tratamento das enfermidades oncolóxicas» de Antonio Gómez Caamaño
- Data
- Luns, 30 de outubro de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 30 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «A protonterapia como tratamento das enfermidades oncolóxicas», que estará impartida por Antonio Gómez Caamaño, Xefe de Servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Antonio Gómez Caamaño, Licenciado en Medicina e Cirurxía e especialista en Oncoloxía Radioterápica (Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela), é Profesor Asociado en Ciencias da Saúde na Universidade de Santiago de Compostela, así como membro do Grupo de Imaxe Molecular asociado á Área de Oncoloxía (IDIS) e do Grupo de Imaxe Molecular in vivo (GI-2133) da Universidade de Santiago de Compostela. Presidente da Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica (SEOR), tamén é membro do Consorcio Radioxenómico Internacional, profesor do claustro da Escola Española de Oncoloxía Radioterápica e Director do Programa Universitario de Formación Continuada do Campus Universitario de Oncoloxía SEOR/Universidad Francisco de Victoria. Desempeña actividades asistenciais e investigadoras centradas no cancro xenitourinario e no cancro de pulmón e radioxenómica con 100 artigos en revistas indexadas, 25 capítulos de libros e máis de 200 comunicacións/pósters en congresos nacionais e internacionais. Investigador principal de múltiples ensaios clínicos en cancro de próstata e investigador colaborador en proxectos de investigación competitivos nacionais e internacionais, ten participado no desenvolvemento de plans estratéxicos, documentos de consenso e guías clínicas en cancro de pulmón e de próstata.