Debate sobre «La luna y las fogatas» de Cesare Pavese

Data
Martes, 18 de xuño de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 18 de xuño, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra La luna y las fogatas de Cesare Pavese.

La luna y las fogatas conta a historia de Anguilla, un servo bastardo criado no campo piamontés, que viaxa polo mundo, fai fortuna en Estados Unidos e volve á súa terra, como home cabal e respectado, despois de vinte anos de ausencia. Conversando co seu amigo de sempre, Nuto, reflexiona sobre a resistencia ao fascismo e a relación entre amos e servos, así como sobre a falta de entendemento entre o poder de sempre e un mundo que se rebela, consciente de que cambiar non debe significar, por forza, deixar as cousas como estaban. É unha novela sobre a saudade da infancia, a busca da identidade e a descrición da vida rural italiana durante o fascismo e tras a guerra. 

Cesare Pavese (Santo Stefano Belbo, 1908) atopou refuxio á súa timidez na lectura e nas solitarias camiñadas polo campo. Tras a súa tese sobre Walt Whitman, adicouse á crítica literaria e á tradución de autores norteamericanos, sendo conselleiro da editorial Einaudi. Detido e enviado a prisión por opoñerse ao fascismo, no cárcere escribe o seu primeiro poemario, Traballar cansa, á que lle seguiron novelas como La cárcel (1939), El camarada (1947) ou El hermoso verano (1949) pola que recibiu o prestixioso Premio Strega. A súa obra mestra, La luna y las fogatas, foi publicada de xeito póstumo. Algunhas das súas páxinas máis dramáticas atópanse no seu diario, El oficio de vivir (1952) e no seu libro de poemas Vendrá la muerte y tendrá tus ojos (1951).

Próximos eventos Ver axenda