Conferencia «Mario Camus. O cine necesario», con Arantxa Aguirre Carballeira e José Manuel González Herrán

Data
Luns, 29 de abril de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 29 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Mario Camus. O cine necesario», impartida por Arantxa Aguirre Carballeira, Cineasta, Axudante de Dirección de Mario Camus, e que estará presentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

Arantxa Aguirre Carballeira é Doutora en Literatura española e autora dos libros Buñuel, lector de Galdós (Premio de Investigación Pérez Galdós 2003) e Treinta y cuatro actores hablan de su oficio (Ed. Cátedra, 2008), secuela do seu documental Hécuba. Un sueño de pasión, nomeado ao Goya ao Mellor Documental en 2007. Empezou a súa carreira no cine traballando nos equipos de dirección de Mario Camus -con quen colaborou en catro longametraxes, ademais da serie La forja de un rebelde-, Basilio Martín Patino, Pedro Almodóvar ou Carlos Saura, entre outros. En 2009 estreou no Festival de Montreal o seu galardoado documental El esfuerzo y el ánimo (exhibido en salas comerciais de Francia, Suíza e Xapón) antes de conquistar a Espiga de Prata da sección Tiempo de Historia na SEMINCI de Valladolid con Dancing Beethoven(2016), nomeado tamén aos Premios Goya, Forqué e Platino e estreado en salas comerciais de seis países. En 2018 regresa á SEMINCI con El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados e en 2020 con Zurbarán y sus doce hijos. En 2021 ingresa na sección Artes de la Imagen de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Actualmente ultima a montaxe de Ciento volando, documental sobre Eduardo Chillida que se estreará en setembro no Festival de Cine de San Sebastián.

José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade e Académico correspondente da Real Academia Galega.

Próximos eventos Ver axenda