O xoves, 2 de decembro, o Ateneo de Santiago realizará unha visita a varias exposicións da cidade da Coruña, que inclúe o seguinte itinerario:

9.30h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.

10.30h. Café

11.00h. Visita guiada á Real Academia Galega e Casa Museo Emilia Pardo Bazán
A RAG, principal institución científica galega, ten como obxectivo o estudo da cultura galega e a promoción do idioma galego. Ten nomeada a Emilia Pardo Bazán como presidenta honoraria.
A Casa Museo Emilia Pardo Bazán está situada na antiga residencia da familia Pardo Bazán. A escritora viviu nela dende a súa infancia e foi un escenario fundamental na súa vida persoal e literaria. Actualmente é a sede actual da RAG. 

12.30 h. Visita guiada á exposición «Emilia Pardo Bazán. El reto por la modernidad» no Kiosko Alfonso
Trátase dun percorrido pola figura da escritora no centenario do seu falecemento. A exposición trasladouse á Coruña despois da súa exhibición na Biblioteca Nacional. Inclúe debuxos, óleos, fotografías, manuscritos e libros. Ofrece outras facetas de Pardo Bazán máis alá de escritora, como periodista, crítica literaria, política, empresaria ou dramaturga, destacando as súas facetas de galega, europeísta e activista cultural. 

14.15 h. Comida no Restaurante Nemo (Avda. da Marina)
Restaurante situado nun ambiente tranquilo, rodeado polo mar e cunhas vistas inmellorables á zona da Marina, o Parrote e a dársena.

Menú: 
            Empanada de atún
            Croquetas de xamón
            Chipiróns á andaluza
            Croca de tenreira // pescada en salsa verde
            Variado de postres
            Bebidas: 3 cañas, 3 viños ou 3 refrescos

18.00 h. Visita guiada á exposición «HUMANO MÁS HUMANO»
Exposición organizada pola Fundación Barrié en coprodución coa Fundación La Caixa. 
Obras procedentes da Fundación La Caixa de Arte Contemporáneo nacional e internacional dos séculos XX e XXI, cun abano amplo de formatos artísticos: pinturas, esculturas, fotografías, instalacións e vídeos de, entre outros, Jean-Michel Basquiart, Miquel Barceló ou Anna Malagrida. 

O prezo da viaxe é de 40€ por persoa, incluíndo autobús, comida e visitas, e os cales se aboarán directamente o mesmo día da visita. As persoas que non sexan socias do Ateneo deberán pagar un suplemento de 10€. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o domingo, 28 de novembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é limitada polo que terán preferencia de admisión os ateneístas que non asistiron á anterior excursión e, posteriormente, os demais socios/as por orde de inscrición.

Próximos eventos Ver axenda