Conferencia «CESGA, unha infraestrutura na vangarda da computación europea» de Lois Orosa

Data
Luns, 18 de decembro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O luns, 18 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «CESGA, unha infraestrutura na vangarda da computación europea», que estará impartida por Lois Orosa, Director do Centro de Supercomputación de Galicia.

Lois Orosa Nogueira, natural de Santiago de Compostela, é enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Doutor en Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores. Conta cunha ampla experiencia investigadora internacional de primeiro nivel, tanto no ámbito da industria como no académico, tendo realizado proxectos en empresas como IBM R&D (Israel), Xilinx (Irlanda) e Recore Systems (Países Baixos), así como na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (Estados Unidos), a Universidade Nova de Lisboa (Portugal), a Universidade de Campinas (Brasil) e a ETH Zurich (Suíza). Nesta última exercía como investigador sénior, realizando tanto proxectos de investigación na área de arquitectura de computadores como tarefas docentes. En febreiro de 2022 foi nomeado director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), substituíndo no cargo a Mauro Fernández Dabouza.

Próximos eventos Ver axenda